MÚSICA, CONCERTS, BALLS
PUBLICITAT
Caamaño&Ameixeiras é un dúo ligado á música e ao baile de raíz. Formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) en 2018, este dúo acumula un gran número de concertos, tanto dentro da xeografía galega como fóra dela e no ámbito internacional. De natureza principalmente instrumental, e incorporando algún tema vocal, Caamaño&Ameixeiras toma como punto de partida a tradición como algo vivo e en constante cambio, para crear a súa propia linguaxe, con composicións e arranxos personais que manteñen a esencia do popular pero incorporan recursos contemporáneos. Aire! é o seu primeiro traballo discográfico onde contan con colaboracións tan destacadas como Sílvia Pérez Cruz o Carola Ortiz.
Vilanova i la Geltrú | 10-07-2025 fins 13-07-2025
El Vendrell | 10-07-2025 fins 31-07-2025
PUBLICITAT